Premio Faustino Rey Romero
Premio Faustino Rey Romero
O Premio Faustino Rey Romero foi un concurso de poesía convocado pola Asociación Sociocultural de Isorna e o concello de Rianxo desde 1998. O premio pretendía servir de canle para dar a coñecer a novos poetas así como recuperar a memoria do poeta rianxeiro Faustino Rey Romero.
Entre os seus gañadores cóntanse poetas de recoñecido prestixio na actualidade.
Gañadores
1998
Modesto Fraga
Ese estraño silencioMención de Honor
María Fariña Caamaño
Madas do máis meu
1999
Emma Pedreira
CorpoMención de honor
Xosé Carou
Edenia Le Fanu
2000
Lucía Novas
A flor do lirolaiMencións de Honor
Zaloma do Pescador
Baldo Ramos
As follas da memoria
2001
David Souto
Fachos de vidro na congostraMencións de Honor
Xurxo Alonso
Versos na memoria
2002
Alexandre Nerium
Vagas en espiralMencións de Honor
Xan Rodiño García
Pingas
2003
Xan Rodiño
Fraude de amor eternoMención de Honor
2004
Paco de Tano
O amor do marMención de honor
Elvira Quiroga López
12 Estampas sobre a cidade e o desexo
2005
David Souto
Naufraxios da árboreMencións de Honor
Javier Patiño Loira
De ínfima sciencia
2007
Alberto Piñeiro
Elexía a María MariñoMencións de Honor
2008
Francisco Javier Vázquez Losada
Tras de tiMencións de Honor
MODESTO FRAGA
Realizou estudos de filoloxía galega na USC.
Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte e do consello editorial de «Letras de Cal».
É considerado un poeta do mar e a ausencia.
Ese extraño silencio (Premiado 1998)
«Por me reter na calma intacta dos teus beizos
No celme enviciador e na mornura
Do teu corpo púbere»

eNMA pEDREIRA
Licenciada en Filoloxía Hispánica, dirixiu obradoiros literarios e participou no Colectivo Poético Humilladoiro.
Di que escribe porque «non hai mellor forma de pintar: o poema é a fotografía velada que máis revela…»
Corpo (Premiado en 1999)
«implosivo
ou afeito a percorrerte despido abaixo
nunha devoración profunda»

Lucía Novas garrido
Licenciada en Filoloxía galega, posúe o Diploma de Estudos avanzados en Estudos de Lingüística e literatura galega.
Sente a poesía como a necesidade máis íntima: a substancia da vida, o alimento marabilloso, o pan máis exquisito, ave do Paraíso…
A flor do lirolai (Premiado no 2000)
«Os pétalos ábrense
ofrecendo o centro,
a polpa,
a dozura da froita.»

David Souto alcalde
Licenciado en Filoloxía Románica.
Gañou o IV Premio de Poesía Fermín Bouza Brey co poemario A árbore seca
Fachos de vidro na congostra
(Premiado no 2001)
«Falaremos de que eran as horas minifundias
os cimentos dun parlamento con parladoiros debullando fibras lingüísticas
por tódolos buratos aínda sen desvirgar
coa agudo cristal de rocha medoñento»
Naufraxios da árbore (Premiado no 2005)
«O son do deserto atravesa as fiestras.
No salón principal bailan os rostros
dos que esqueceron a arte da beleza.
Confundidos laméntanse os cabalos»

Alexandre Nerium
O seu nome real é Francisco Manuel López Martínez.
Foi no batallón literario da Costa da Morte onde comezou a súa obra poética.
Gañou, entre outros, os premios de poesía Rosalía de Castro, Antón Zapata e Anduriña Voandeira.
Vagas en espiral (Premiado no 2002)
«Escóitoas no outeiro,
nos ecos do horizonte,
nas gárgolas da fonta,
nas laxes do sendeiro,»

Xan Rodiño García
Narrador e poeta.
Gañou a XXXVI Edición de contos Breogán en Lingua Galego (Centro Galego de Bizkaia en Baracaldo).
Gañou o I Premio de narrativa curta Valle Inclán (A Pobra).
Fraude de amor eterno (Premiado no 2003)
«Procurando reloxos foron caendo
os minutos mortos da mocidade
coma pingas dun azul anubrado,
e non era momento de apertas.»

Paco de tano
Publicou os libros de poemas Xanela ao bío e Con sangue nos beizos.
Colaborou con varios libros colectivos e colabora en periódicos e revistas de temática cultural variada.
O amor do mar (Premiado no 2004)
«Emigran os ventos do amor ó centro dos meus ollos
Da miña boca namorada de futuro, de mar de morte
Nesta noite sen estrelas, sen lúa, sen ti»

Alberto Piñeiro
Fillo de galegos emigrados en Colonia.
É licenciado en Filoloxía Clásica, fixo radio coordinou asociacións culturais, impulsou exposicións, etc.
Considera que a poesía é verdade.
Elexía a María Mariño (Premiado no 2007)
«Non son ave que canta para que lle escoiten
non son lume que prende para quentar
non son silencio que alenta; non son choiva que cae
non son mapoula pousada para vestir os eidos
non son beixo nin perfume nin cóxega nin cor nin son
non son azul que xorde para ser fermoso
nin ferida que sangra, nin dor de curar»

FRANCISCO JAVIER
VÁZQUEZ LOSADA
Licenciado en Dereito, abogado, escritor y profesor de escritura creativa.
Es colaborador habitual de diferentes empresas dedicadas a la creación y el desarrollo de guiones y proyectos editoriales
O seu poemario Tras de ti e a primeira das súas obras escrita en galego.
Tras de ti (Premiado no 2008)
«Miro o tipo que vende castañas a pleno sol
miro ese becho ruidoso
miro os cativos a respirar o fume
algún secretamente goza»
