Obra

Obra

A obra de Faustino Rey Romero podemos inserila no panorama literario galego dentro da escola formalista-culturalista que xurdiu como unha das solucións ensaiadas pola poesía galega de posguerra e que tivo como máximos representantes a autores pertencentes fundamentalmente á Xeración do 36, tales como Ricardo Carvalho Calero, Pura Vázquez e unha parte da poesía de Ernesto Guerra da Cal ou as dúas primeiras entregas de Antón Avilés de Taramancos.

O predominio de moldes estróficos nobres, as preocupacións filosóficas, as reflexións existenciais, a expresión das inquedanzas relixiosas etc., configuran a dirección da lírica formalista de preguerra en Galiza.

No caso de Rey Romero, o canto das cousas que compoñen a vida cotiá e, así mesmo -se ben desde un misticismo franciscano-, daqueloutras máis humildes da natureza, configuran a temática dos versos deste autor achegado tecnicamente ao «garcilasismo» da poesía española de posguerra.

_______

Adaptado de Pena, X.R. Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”.

Poética

– El Rosal de San Francisco

Este libro escrito por un labrego alegre e melancólico, dotado para captar a música popular e natural, entregado a Deus e á natureza, pero que se ve esa natureza non como unha postal turística senón, el mesmo o di nun poema, como un campo de matanza.

«Francisco de Asís tenía
un rosal. ¡Mirad que cosas:
él las espinas cogía,
y regalaba las rosas!»

 

– Elexía por un paxariño morto

O tema principal deste libro é a natureza, a través  do recordo das súas propias experiencias persoais.

«Esa gorxa está sen vida
que orquestou moitos menceres.
Choran as ponlas dos albres
lembrando peso tan leve.
Fáltalle un músico á banda 
do serán e do abrente.
Deus sabe pór cousas grandes
en naturezas moi debles.
¡Que tristura un paxariño
entre a mortalla da neve!

 

– A rosa no peito dunha rapariga

Os dous últimos parágrafos deste ensaio deben tomarse como unha homenaxe ao humor de Faustino, concretamente a ese humor erótico que tantas incomprensións provocou, e que el empregou para denunciar o puritanismo hipócrita da época e da igrexa católica.

«Eu non sei se estará ben elexido
ese púcaro humán para amosarte,
pois, por ser en beleza tan cumprido,
sei que algunha mirada ha de furtarte.

É, tal vez, para ti desconocido
o gran segredo do femíneo arte;
se é que para aspirar o teu ulido
algúns beizos se inclinan a beixarte,

coidarás que é por ti, i eu máis ben creo
que é por beixar o femenino seo,
máis que as rosas prós beizos tentador.

I é por esta razón, rosa rosada, que se pretendes ser ademirada,
ese en que estás n’ é o púcaro mellor.»

 

– O melro novo

É o seu libro máis coñecido e, pola repercusión nos lectores, do que está máis satisfeito. A publicación coincide coa época de castigo en Isorna.

«Tanta paixón e tanta melodía
tiñas nas túas veas apreixada,
que unha paixón sumada,
no breve corpo teu xa non cabía.

Polos teus osos doce lume ardía
coma unha coxegante labarada,
que, en espacio tan curto atafegada,
para o ar polo bico che fuxía.

Coma o agromiño  que xentil rebenta
cando o raio do sol o beixa e quenta
ó asomar garimoso polo oriente,

así tu, feitizado pola aurora,
ó sentir que chegaba a túa hora,
empezache a cantar sinxelamente.»

– O melro larpeiro.

«Máis que melro cantor, eres larpeiro.
(Se che ofendo, disculpa o que che digo).
Nomearche a cereixa, a uva, o figo…
auga debe facerche no peteiro.

Esa sona que tes de lambiqueiro
xa non é nova, que che vén de antigo,
porque dunha figueira es máis amigo
que da póla lustrosa dun loureiro.

É o teu gozo meirande andar de esmorga,
pois sabes que ó que ten baldeira a andorga
élle imposibre ter o ánimo ergueito.

Anque o teu proceder eu non comparto,
cando vexo que tes o buche farto,
que che faga, desexo, bon proveito.»

– O melro esculpido nun retablo barroco

«¿Quen che trocou a pruma,eiquí dourada,
pola outra que é a túa verdadeira?
¿Por que o teu bico a musical escada
deixou por ese acio que peteira?

Tes a figura eiquí transfigurada.
¿Por que non ergues o voo da madeira,
e, fuxidío; vas buscar pousada
á verde póla dunha cereixeira?

Que é natural que tu, como paxaro,
no ambente en que estás; sintas degaro
do sol, do aire ceibe e do follaxe.

¿Ou é que, para ó canto dar comenzo,
da noite agardas sombras e silenzo
i a que torne a ser negro o teu prumaxe?»

– O sal

Poema das materias sagras é a resposta de  Faustino a ese ambiente hostil que no que estaba. El mesmo di que é o libro do que está máis orgulloso como crego.

«Foches Tu, Cristo, o sal da humanidade que corrompía o verme do pecado,
si que deixara san máis que unha alma:
a de María, túa Nai e nosa.
Pra nos librar da corrupción eterna,
facerte amargo na Paixón quixeches,
amargo todo, cando cunha bágoa
tiñas de abondo pra millenta mundos
voltar á gracia do teu Pai Eterno;
mar de amargura, cando unha pingueira
máis que sobrante, por divina, fora.
Foches Tu o sal que a insipidez do tempo
nos trocou en sabor de eternidade.
Este que pos sobor das nosas língoas
é pra  que a Ti, ¡oh Redentor!, sepamos
e adequiramos un paladar novo
que goste máis das celestiaes cousas
que destas baixas, gosto de homes parvos,
pra que en palabras, pensamentos e obras,»
reluza en nós outa sabiduría.
Por se este sal desvanecera un intre,
Tu nos deixaches inda o sal das bágoas
pra acadar outra vez sabor eterno,
a fin de que, cando o probarnos veñas,
nos atopes que a Ti temos sabor.

 

– A una muchacha embestida por el viento

Unha lenda popular di que Faustino compuxo este libro unha noite de verán deitándose nunha lancha no río Ulla, como facía con fecuencia, a contemplar as estrelas a ceo descuberto e a soñar con mundos imaxinarios poboados por seres fantásticos parecidos físicamente a moitos dos seus coñecidos, incluido el.

«Pícaro, el viento con tus ropas juega,
te acaricia, te ciñe y configura.
Por volverte a tu auténtica escultura,
en torno tuyo tu vestido pliega.

Aquel viento se va, y otro que llega,
con las manos te oprime la cintura,
te alborota la ropa, ¡oh travesura!,
y allá va tu perfil de estatua griega.

Mas tú sigues hierática en el medio
de aquel turno de vientos en asedio
a tus pies, a tu talle, a tu cabeza,

porque resistes su avalancha loca,
con la ruda firmeza de la roca,
flameando el airón de tu belleza.»

– En vela

Vai o barco cas velas izadas,
que somella unha branca gueivota,
fendendo ca proa as augas prateadas,
tírante-las drisas e tensa a escota.

As aves marinas que pasan voando
con rumbo iñorado do azul polos vieiros,
as alas batendo, perez que van dando
adioses a isted barils mariñeiros.

A cántiga enxebre de acento saudoso,
tenrísima soa nas alas das brisas,
i escótase o atruxo vibrar xubiloso
na leda compaña de chistes e risas.

 

– Semblanza de pepita

«La campanilla la avisa
y ella se acerca al andén,
llega a la hora precisa,
Pepita, al paso del tren.»

 

Teolóxica

En 1963, Faustino Rey Romero regresa ao Baixo Miño. O bispo de Tui, para controlado mellor, noméao Director Espiritual da Casa Diocesana de Exercicios Espirituais de Tui. Nesas Circusntancias, e cun estado anímico moi baixo, recupera unha vella paixón de Seminario, a teoloxía, e o estudo do seu gran referente intelectual, Amor Ruibal.

Es una elucubración filosófico-teológica acerca de la angustia, pudieran parecer un tanto lejanas del tema general de las primeras consideraciones . No obstante, constituyen diversos peldaños en los que necesariamente hay que apoyarse para ascender a la plataforma final desde la cual se pueda ver un panorama armónico y congruente.

Al situar la comunicabilidad en el bien, es cuando nuestra postura de investigador se torna más cómoda para la solución de nuestra teoría.
Ahora bien, todo movimiento, tiene una tendencia hacia un fin, o sea en prosecución de un bien real o aparente. Aquí entramos en uno de los problemas claves de la Metafísica: la finalidad y sus especies.

-Atrio
-El ente y su noción
-Abstracción de la idea de existencia implicación, complicación y explicación indefinilidad
-El ser posible y la posibilidad del ser
-Definición etimológica y origen de la existencia
-Origen de la existencia por una acción creadora