Biografía

Biografía

Nenez

  • Nace o 27 de outubro do 1921 en Isorna, no seo dunha familia labrega.
  • É un neno soñador, máis centrado na natureza que no traballo.
  • A diferenza doutros nenos o seu xoguete favorito e «oír falar á xente».
  • Xa desde pequeno abraza a pobreza.
  • O seu pai desexa un neno traballador e práctico, o que provoca choques entre ambos.

Mocidade

  • O 15 de setembro de 1935 entra a estudar no mosteiro San Antonio de Herbón en Padrón.
  • Descobre a figura de Francisco de Asís, que será un referente para el.
  • As ordes do seu pai impiden que se converta en franciscano, a pesar de que era o seu desexo.
  • A partir de 1939 continúa os seus estudos no convento de San Francisco en Santiago de Compostela.

Formación

  • No 1941 comeza a estudar filosofía no seminario San Fernando, en Ourense.
  • O bispado de Ourense ordena que abandone o seminario debido ao seu carácter “revolucionario”.
  • Finaliza os seus estudos no seminario diocesano de Tui.
  • En 1948 ordénase presbítero.
  • En 1949 publica «Florilegio poético».
  • En 1951 publica «Doas de vidro».

Primeiras parroquias

  • En 1949 é destinado como capelán á zona de Mos e Arbo.
  • Abraza de tal xeito a pobreza que os demais cregos, debido á súa actitude cos pobres, táchano de comunista.
  • Enfróntase coa falanxe ao negarse a dar unha misa en nome de Primo de Rivera.
  • Poucos anos despois é destinado ao Baixo Miño (Tui).
  • Imparte os sermóns empregando unha linguaxe sinxela e aproximándose á xente, granxeándose o amor do pobo.
  • Tensión coas autoridades franquistas e coa propia Igrexa pola súa actitude abertamente antifranquista e próxima cos pobres.
  • Comeza a soñar con ser membro dunha longa tradición poética galega.
  • Encántalle Portugal, e é moi querido pola intelectualidade portuguesa.

Tomiño

  • En 1955 é destinado a Tomiño, nas parroquias de Amorín, Currás e Tabarda.
  • Nesta etapa monta unha escola para nenos (ensínalles a andar en bici, as catro regras etc.) e xoga con eles como se fose un neno máis.
  • Dálles esmola aos pobres.
  • Métese en numerosos enfrontamentos e os rumores sobre el (dorme na casa de tres irmás solteiras, búrlase dos poderes fácticos, promulga poemas contra os caciques), comezan a colmar a paciencia do Bispo de Tui.
  • En 1956 embárcase como capelán de migración cara a Venezuela e Cuba, un dos momentos máis felices da súa vida.
  • Estas aventuras non cambian o seu comportamento (“os actos non necesitan palabras pero as palabras necesitan actos”).
  • O bispo castígao un mes recluíndoo no convento do Carme en Padrón e quitándolle a parroquia provisionalmente.
  • Sentíndose un exiliado, intenta marchar ao estranxeiro, a pesar de que a Igrexa lle nega o pasaporte.

Desterro: Isorna

  • Aos 39 anos de idade regresa á casa familiar en Isorna.
  • Segue a ser o mesmo, pero interiormente está desgarrado.
  • Sofre o desprezo dos seus veciños pola súa forma de vida e xúntase cos marxinados.
  • Cumpre seis anos de penitencia ata que a Igrexa lle concede o pasaporte.
  • Durante esta etapa só pensa en fuxir.

Exilio: Bos Aires

  • En 1966 chega a Bos Aires.
  • 17 de setembro do 1966 preséntase en sociedade no primer acto pastoral en Arxentina.
  • Séntese decepcionado ao atopar a Arxentina (cría outra cousa).
  • La Balvanera convertese na súa residencia.
  • Faustino non se ve como un emigrante nin como un exiliado,séntese como na casa, na quinta provincia galega en Arxentina.

Morte

  • O 18 de decembro de 1971 asiste a unha cea no Centro Galego.
  • Esa noite encóntrano tirado con múltiples fracturas.
  • É trasladado ao Policlínico Ramos Mejías en estado moi grave.
  • Falece ás catro da tarde do día 20 de decembro de 1971.
  • O corpo é conducido ao mausoleo do Centro Galego, no cemiterio de La Chacarita.
  • Non se lle realizou a autopsia.
  • A versión oficial é que a súa morte foi un accidente, pero existen dúbidas ao respecto.
  • Rumoréase a causa de asasinato debido á súa relación cun grupo guerrilleiro que quería derrocar ao goberno.
  • Rumoréase o suicidio debido a que nos últimos anos perdera “a ilusión”.
  • Faustino o que quería era atopar a morte como nalgún dos seus poemas.
  • Asasinato, accidente ou suicidio? O que elixas será a resposta correcta.

Lugar de xacemento